miércoles, 27 de enero de 2021

A señorita Bubble.

 

Título: A señorita Bubble
Autora: Ledicia Costas
Editorial: Xerais
Ilustrador: Andrés Mexide



Personaxes principais: 

  • Noa e Sofi son irmás, e Noa é a irmá maior.
  • A señorita Bubble é unha inventora que vive nun castelo cheo de chemineas.
  • Vicent é un neno case norma e vive coa señorita Bubble.
  • Dona Úrsula é a bibliotecaria e Dona Paola é a directora.


Reseña:

A historia comeza cando unhas nenas escapan do cole porque as tratan moi mal e se cruzan coa señorita Bubble. Ela lévaas á súa casa mentres non chegan os seus pais do traballo porque non quere que as raparigas anden soas pola rúa. Alí descobren que a mansión era marabillosa e fantástica, chea de trastos molóns que fan cousas incribles.  


Todo sucedeu nunha vila á que foi a vivir unha muller chamada Bubble a unha mansión deshabitada. Pero os veciños non a querían alí porque tiña unha apariencia un pouco extraña.

Que aventuras vivirán estas rapazas xunto á señorita Bubble?

Este libro pareceume divertido e misterioso. Ensina que non podes odiar a alguén polo seu exterior.


Puntuación: ⭐⭐⭐⭐⭐


Reseña de: Ruth 😘







9 comentarios:

  1. Es verdad Ruth no hay que juzgar a alguien por su apariencia ¡ha! Y parece muy guay el libro ,aunque sea en gallego.

    ResponderEliminar
  2. Me gusta mucho y mas si es una escritora de Vigo👍

    ResponderEliminar
  3. Otro libro que parece muy interesante. Me gustaría leerlo.

    ResponderEliminar
  4. Que boa pinta ten este libro! Pero, sendo de Ledicia Costas, non me sorprende para nada!
    Gústame moito que estedes a ler libros en galego!

    ResponderEliminar
  5. Ese libro parece tener muy buena pinta aunque sea en gallego

    ResponderEliminar
  6. Xa o lin pero a tua reseña e chulisima

    ResponderEliminar
  7. Hola soy Pablo el libro es bastante interesante con mucha intriga seguro que si lo voy a leerlo me gustara

    ResponderEliminar